Desde 1995, construyendo una sociedad diversa y antirracista

Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Desde 1995, construyendo una sociedad diversa y antirracista

Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

SOS Racismo Galiza (Gal)

SOS Racismo Galicia

Versión en español

[wc_row][wc_column size=»one-half» position=»first»]

   A Coruña

[mappress mapid=»8″ width=»100%»]

direccion Rua Alcalde Lens, 34 1º C – 15010 A Coruña.

Logo_Telefono (+34) 698 163 742

Logo Twitter Logo web Logo Face correo

[/wc_column][wc_column size=»one-half» position=»last»]

   Vigo

[mappress mapid=»22″ width=»100%»]

direccion Calle Torrecedeira 55, 1º Local 6 – 36202 Vigo

Logo_Telefono (+34) 986 917 325 / (+34) 678 811 714

   correo

[/wc_column][/wc_row]

Quen somos?

SOS Racismo Galicia é unha organización sen ánimo de lucro, independente, laica,  multicultural e plural, que se enmarca  dentro da Federación de Asociacións de SOS Racismo do Estado Español que se constituíu cunha nova Xunta Directiva na cidade da Coruña en 2013, tras un longo período de inactividade.

Que facemos?

Os principais fins que perseguimos son:

  • Loitar contra calquera forma de discriminación por razón de cor de pel, de orixe, de cultura ou relixión para lograr unha sociedade xusta e libre de prexuízos e estereotipos.
  • Difundir valores, actitudes e prácticas para que a poboación recoñeza, acepte e normalice o carácter pluricultural e multirracial da sociedade galega, e valore positivamente a riqueza socioeconómica que achega a diversidade e a interculturalidade.
  • Favorecer a integración sociolaboral do colectivo inmigrante residente en Galicia.
  • O noso ámbito de acción é a comunidade galega, onde traballamos conxuntamente con outras entidades locais para achegar o noso traballo á maior cantidade posible de persoas e ampliar a área de incidencia da entidade.

Dentro dos nosos recursos, poñemos a disposición da cidadanía nosa OID -Oficina de Información e Denuncias- e o SAMI -Servizo de Atención e Mediación-; e os proxectos que desenvolvemos no ámbito educativo -damos apoio a máis de 1000 estudantes inmigrantes- no ámbito da Orientación e Formación, onde destaca o Programa «Agora Eu» ou o Curso de «Funcionamento e características da sociedade de acollida» (61 persoas asistentes nos ultimos catro cursos).

Ademais, de coordinamos coas entidades pertencentes á Federación SOS Racismo pertencemos ao Foro Galego de Inmigración, onde colaboramos activamente, e á Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas. Ademais, subscribimos distintos acordos de colaboración con institutos de educación secundaria da cidade da Coruña, así como coa Universidade de Coruña e outras ONGD.

Desde hai uns meses, a actividade de Sos Racismo Galicia ampliouse, coa apertura dunha nova oficina de atención polo grupo local da cidade de Vigo, que vén sumarse a xa existente na Coruña.

Si has sido víctima, has presenciado un acto racista o estás interesada/o en nuestro trabajo, este es el espacio para que nos cuentes.